porro

porro
Plural: porros
    1. s [PLANTA ]

      Planta herbácea perenne, da familia das liliáceas, que presenta bulbo dímero, follas planas e lineais, e flores purpúreas, agrupadas nunha umbela redonda.

    2. s [BOT ]

      Bulbo de cor branca desa planta.

    3. porro bravo [Allium ampeloprasum] [PLANTA ]

      Planta herbácea perenne, da familia das liliáceas, que presenta bulbo dímero, follas planas e lineais e flores rosadas en umbela.

  1. Cigarro de droga, especialmente de haxix.

Palabras veciñas

porreta porreto porriñés -sa porro porrón porta porta-