poñer

poñer

lat ponĕre

  1. v t

    Colocar algo ou a alguén nun sitio determinado.

  2. v t

    Facer que haxa unha cousa nun lugar ou no ánimo dunha persoa.

  3. v t

    estir ou calzar algo.

  4. v t

    Xuntar diñeiro ou outra cousa para facer algo entre varios.

  5. v t

    Deixar algo ou a alguén nun estado diferente ao que tiña.

  6. v t

    Ter imposta, escrita ou anotada algunha cousa.

  7. v t

    Dar un nome ou alcume a unha persoa ou animal.

  8. v t

    Enviar unha mensaxe a través de medios de comunicación a distancia.

  9. v t

    Abrir un negocio.

  10. v t

    Acender un aparato para que funcione.

  11. v t

    Botar os ovos unha femia de animal ovíparo, especialmente as aves. Tm abs.

  12. v t

    Fixar ou establecer algo.

  13. v t

    Sementar algo.

  14. v pron

    Quedar algo ou alguén nun estado diferente ao que tiña.

  15. v pron

    Ocultarse un astro, especialmente o Sol.

  16. v pron

    Chegar a un sitio nun tempo determinado.

  17. v pron

    Ocupar alguén un sitio, movéndose desde o que o ocupaba anteriormente

Sinónimos

Citas

  • A nota poñía que chegaría tarde
  • Antes de que os mandasen puxéronse en ringleira
  • Con aquelas preguntas púxoo nun compromiso, Puxo a todos de xeonllos
  • De súpeto pónseme: déixame en paz!, e marchou
  • Entre todos puxeron o día da excursión
  • Hoxe só puxeron dúas galiñas
  • Mándoulle que puxese a lavadora
  • Na horta puxo cebolas e leitugas
  • O can púxolle a saia perdida
  • Pola nova estrada ponse na casa en pouco tempo
  • Pon as xoias no estoxo
  • Poralle un correo electrónico ao chegar
  • Puxeron 20 euros cada un para comprar o regalo
  • Puxéronlle calefación á casa
  • Puxo unha chaqueta e uns zapatos novos
  • Puxo unha libraría
  • Púxolle Sabela
  • Púxose moi triste cando recibiu a noticia
  • Uns poñen a mesa e outros recóllena

Palabras veciñas

poñedoiro poñedora poñente poñer poni ponor* pontádego
Conxugar
VERBO poñer
Forma verbal: Infinitivo

Indicativo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
poño
pos
pon
poñemos
poñedes
poñen
Pretérito imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
poñía
poñías
poñía
poñiamos
poñiades
poñían
Pretérito perfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
puxen
puxeches
puxo
puxemos
puxestes
puxeron
Pretérito pluscuamperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
puxera
puxeras
puxera
puxeramos
puxerades
puxeran
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
poñerei
poñerás
poñerá
poñeremos
poñeredes
poñerán
Condicional Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
poñería
poñerías
poñería
poñeriamos
poñeriades
poñerían

Subxuntivo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
poña
poñas
poña
poñamos
poñades
poñan
Imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
puxese
puxeses
puxese
puxesemos
puxesedes
puxesen
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
puxer
puxeres
puxer
puxermos
puxerdes
puxeren

Imperativo

Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
-
pon
-
-
poñede
-

Formas nominais

Infinitivo conxugado Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
poñer
poñeres
poñer
poñermos
poñerdes
poñeren
Xerundio poñendo
Participio posto
posta
postos
postas