pomba

pomba

lat v *palumba

Plural: pombas
  1. s f [ANIMAL/ORNIT ]

    Ave da familia dos colúmbidos, de tamaño medio, cor cinsenta e alimentación granívora.

  2. pomba brava [ANIMAL/ORNIT ]

    Pomba que presenta o corpo de cor que alterna o azul co gris e irisacións de diferentes cores, e con liñas negras nas ás e na cola.

  3. pomba mensaxeira [ANIMAL/ORNIT ]

    Pomba dedicada ao transporte de mensaxes desde un lugar remoto ata o seu pombal.

  4. pomba zura [ANIMAL/ORNIT ]

    Pomba que presenta o corpo gris, moi parecida á brava, aínda que coa mitra máis escura e os extremos das ás negros.

Refráns

  • Ó pombal caído non vale botarlle trigo.
  • O pombal esborrallado non precisa ter tellado.

Palabras veciñas

pomáceo -a pomada pomar pomba pombal pombela pombiño