polinesio -sia

polinesio -sia

topónimo Polinesia

Plural: polinesios Masculino: polinesio Masculino plural: polinesios Feminino: polinesia Feminino plural: polinesias
    1. adx

      Relativo ou pertencente a Polinesia, aos seus habitantes ou á súa lingua.

    2. s

      Natural ou habitante de Polinesia.

    1. adx

      Relativo ou pertencente ao pobo polinesio.

    2. s

      Individuo do pobo polinesio.

    3. s

      Pobo de raza polinésida que se estende polo L do Pacífico no triángulo que forman o estado de Hawaii ao N, Nova Zelanda ao S e a illa de Pascua ao L. Cultivan a árbore do pan, plátanos e algúns tubérculos tropicais, e dedícanse á pesca.

  1. linguas polinesias [LING ]

    Grupo de linguas austronesias faladas nas illas de Polinesia.