policía

policía

lat politīa gr πολιτεία

Plural: policías
  1. s f
    1. [DER/ADM ]

      Organización e regulamentación interna dun estado ou dunha colectividade.

    2. Regulamentos establecidos para o mantemento da orde e a seguridade pública.

    1. s [DER/BÉL ]

      Corpo ou forza que vela polo cumprimento dos regulamentos establecidos para o mantemento da orde e a seguridade pública. Ten o deber de garantir as liberdades e os dereitos individuais e colectivos, e divídese en policía administrativa, policía de seguridade e policía xudicial.

    2. policía autonómica / [DER/ADM ]

      Corpo policial civil, xerarquizado, cunha competencia e unhas funcións situadas teoricamente entre as da policía nacional e as das policías municipais ou locais.

    3. policía militar / [DER/BÉL ]

      Corpo dedicado ao mantemento da orde nos corpos do exército.

    4. policía municipal / [DER/ADM ]

      Corpo policial dependente dun concello.

    5. policía nacional / [DER/ADM ]

      Corpo nacional de policía creado en 1978 para protexer os dereitos e liberdades dos cidadáns, e expedir o Documento Nacional de Identidade e o pasaporte. Depende do ministerio del Interior.

    6. policía secreta / [DER/ADM ]

      Policía nacional que non leva uniforme regulamentario pola confidencialidade do seu traballo.

    7. policía xudicial [DER ]

      Conxunto de membros das forzas e corpos de seguridade que axudan aos xulgados, aos tribunais e ao ministerio fiscal a resolver os delitos e descubrir e custodiar aos delincuentes.

  2. s

    Axente que pertence a este corpo.