poli-

poli-
  1. pref

    Forma prefixada de orixe grega que se emprega na formación de palabras co significado de ‘moitos’.

  2. pref [QUÍM ]

    Forma prefixada de orixe grega que, anteposta ao nome dun composto ou ión, indica a repetición deste un gran número de veces nunha estrutura de tipo polimérico.

  3. pref [QUÍM ]

    Forma prefixada de orixe grega que, anteposta a un nome ou afixo de clase funcional, indica que este se repite dúas ou máis veces nunha mesma estrutura.