pole

pole

lat pollen -ĭnis ‘flor da fariña’

Plural: poles
s m [BOT ]

Po moi fino nas espermatófitas, formado na antera e constituído por células esporais. A célula polínica xermina e constitúe o gametófito masculino. Un gran de pole presenta unha membrana interna de celulosa, a intina, e unha membrana externa moi dura, a exina.

Formas incorrectas

polen

Palabras veciñas

polca pólder poldro -dra pole polea poleame poleiro