poesía
poesía
lat poēsis gr ποίησις
-
s
f
Arte de expresar ou traducir en forma concreta o contido espiritual propio, mediante palabras dispostas segundo unhas determinadas leis métricas.
-
s
f
Xénero de obras escritas en verso.
-
s
f
Conxunto de obras poéticas dun poeta ou de diversos poetas, producidas nun período determinado ou nunha lingua determinada.
-
poesía popular
[LIT ]
Poesía creada polo pobo a partir da súa necesidade de expresar unhas vivencias humanas elementais e permanentes e na que é recoñecido como tal pobo.
Sinónimos
Citas
- Elaborou unha obra chea de poesía
Refráns
- A poesía está no cazolo e na chirouvía.