poáceo -a

poáceo -a

lat científico Poa

Plural: poáceos Masculino: poáceo Masculino plural: poáceos Feminino: poácea Feminino plural: poáceas
  1. adx

    Relativo ou pertencente ás poáceas.

  2. s f [PLANTA ]

    Planta da familia das poáceas.

  3. s f pl [PLANTA ]

    Familia de plantas herbáceas anemófilas, da orde das ciperais, que presenta talos fistulosos denominados canas, follas que constan dun limbo longo e estreito, unha vaíña que envolve o talo e unha lígula, flores hermafroditas con tres estames, un ovario unilocular cun só primordio seminal, dous estilos e dúas escamas pequenas denominadas glumelas.

Palabras veciñas

pnp po Po poáceo -a poalla poallar poalleira