plural

plural

lat plūrāle

Plural: plurais
  1. adx

    Que expresa pluralidade.

    1. adx

      Que representa máis dunha entidade individualizada, en oposición ao singular, que representa unha soa. Tm s m.

    2. plural de modestia

      Forma ficticia do plural con valor de singular empregada por oradores ou escritores para atenuar a propia personalidade.

    3. plural maxestático

      Forma ficticia de plural con valor de singular empregada por altas xerarquías civís ou eclesiásticas para magnificar a persoa que a utiliza.

  2. adx

    Que presenta máis dun aspecto ou posibilidade.

Citas

  • Nunha sociedade plural non se poden consentir eses feitos, As súas palabras teñen unha lectura plural e variada