plano -na

plano -na

lat plānu

Plural: planos Masculino: plano Masculino plural: planos Feminino: plana Feminino plural: planas
  1. adx

    Que recorda a forma dun plano xeométrico ou que forma parte del.

  2. adx
    1. Que ten todos os elementos situados nun plano.

    2. Aplícase á xeometría ou á trigonometría que tratan de figuras ou de ángulos planos.

    1. s

      Superficie tal que, calquera recta que pase por dous dos seus puntos se atopa totalmente contida nesa superficie.

    2. plano de coordenadas

      Cada un dos tres planos que se cortan nun punto e que serven para fixar a posición de calquera punto do espazo coa axuda das liñas coordenadas.

  3. s m

    Superficie dun corpo cunha configuración semellante á dun plano xeométrico.

    1. s

      Superficie real ou imaxinaria relativa a uns puntos, fenómenos ou obxectos situados á mesma altura ou distancia respecto a un nivel de referencia estable.

    2. s [AERON ]

      Superficie que nunha aeronave serve para sustentala ou para manter a estabilidade.

    3. plano de estiba [MAR ]

      Plano feito sobre o plano dun barco de carga en que se indican datos como o lugar que ocupa a carga.

    4. plano de flotación [MAR ]

      Sección do casco dunha embarcación determinada polas liñas de flotación de ambos os lados do buque.

    5. plano de incidencia [FÍS ]

      Plano determinado por un proxectil ou por un raio incidente e a recta normal á superficie no punto de incidencia.

  4. s m
    1. Representación, nunha superficie plana, dun obxecto, unha construción ou unha zona xeográfica pouco extensa.

    2. [XEOG ]

      Mapa topográfico feito a escala superior 1:10.000 e inferior 1:20.000.

    1. s

      Cada unha das superficies imaxinarias dun debuxo, cadro, relevo ou fotografía, determinadas pola distancia que manteñen respecto á superficie real, e nos que se sitúan as figuras que integran o conxunto.

    2. s

      Debuxo que representa a proxección ortogonal dun obxecto, dunha peza, dunha máquina, dunha casa, ou dunha das súas seccións.

    3. plano fixo

      Plano en que se indican as dimensións das partes que alí se representan.

    4. plano horizontal/do horizonte

      Superficie plana horizontal que pasa pola vista do espectador e corta perpendicularmente o plano vertical e ao mesmo tempo determina unha recta, chamada liña do horizonte, que contén o punto principal e os puntos de fuga.

    5. plano vertical/de proxección/óptico

      Superficie vertical e plana, interposta entre o ollo, ou centro de proxección, e a figura que se quere representar ou que se representa e que recibe dela a súa proxección. Corresponde á superficie real do debuxo, cadro, relevo ou fotografía.

    1. s

      Unidade fílmica que comprende un conxunto de fotogramas correspondentes a unha soa filmación estática.

    2. plano americano

      Plano que recolle a imaxe de tres cuartas partes do corpo humano.

    3. plano medio

      Plano que recolle a imaxe da metade do corpo dos personaxes.

    4. primeiro plano

      Plano que recolle a imaxe dun detalle concreto dun personaxe ou dun obxecto.

    5. plano xeral

      Plano que recolle a totalidade da imaxe dun escenario, natural ou de estudio.

  5. s m

    Aspecto ou punto de vista que se ten de algo ou desde o que se considera algo.

  6. plano de simetría [FÍS ]

    Elemento de simetría que indica unha reflexión.

Citas

  • Explicou as súas ideas desde un plano excesivamente culto
  • Necesitaban un terreo plano para poder aterrar coa avioneta
  • Non compares ambas cousas xa que pertencen a planos diferentes
  • Os protagonistas eran personaxes planos

Frases feitas

  • De/En primeiro plano. Nun lugar destacado.