pista

pista

ital pista

Plural: pistas
  1. s f
    1. Pegada que deixa unha persoa, un animal ou unha cousa por onde pasa.

    2. Sinal ou noticia que leva ao descubrimento dun feito.

  2. s f

    Espazo de terreo cuberto ou ao aire libre que se emprega para manifestacións deportivas ou recreativas.

    1. s [CONSTR ]

      Faixa lonxitudinal anexa a unha vía, que está destinada a un uso específico.

    2. s [AERON ]

      Faixa de terreo sinalizado de forma axeitada onde poden realizarse as manobras de levantar voo e aterrar as aeronaves.

    3. pista de bicicletas

      Pista pavimentada paralela a unha calzada, destinada á circulación de bicicletas.

    4. pista forestal

      ía sen asfaltar de anchura estritamente necesaria para o paso de automóbiles, destinada á explotación e conservación de bosques.

Sinónimos

Confrontacións

pegada

Citas

  • Coa concentración parcelaria fixéronse novas pistas, Para chegar á igrexa colle a segunda pista á dereita
  • Necesitamos algunha pista para resolver o xeroglifo, Seguen sen pistas sobre o paradoiro da parella
  • Seguiron as pistas do oso ata que o fotografaron