piñeiro
lat pinu
-
-
s
Árbore monoica da familia das pináceas, casuarináceas e araucáceas, que presenta as follas aciculares, reunidas en grupos.
-
piñeiro bravo/do país [Pinus pinaster]
Árbore, da familia das pináceas, que presenta a cortiza áspera, as acículas en parellas e as piñas de cor parda cun escudo prominente nas escamas.
-
piñeiro canario [Pinus canariensis]
Árbore, da familia das pináceas, que presenta as acículas verdes claras, dispostas en grupos de tres, moi longas e caídas.
-
piñeiro cembro [Pinus cembra]
Árbore, da familia das pináceas, natural dos Alpes e dos Cárpatos, moi apreciado pola súa madeira sen vetas.
-
piñeiro de Australia [Casuarina equisetifolia]
Árbore, da familia das casuarináceas, que ten as ramas delgadas, as follas escuamiformes dispostas en verticilos e coas inflorescencias masculinas en forma de espigas colgantes e as femininas dispostas formando conos globosos.
-
piñeiro de repoboación [Pinus radiata]
Árbore, da familia das pináceas, que presenta as acículas dispostas en grupos de tres e os conos disimétricos coas sementes aladas.
-
piñeiro manso/real [Pinus pinea]
Árbore, da familia das pináceas, que presenta acículas dispostas en grupos de tres e piñóns grandes e con ás curtas.
-
piñeiro rubio/roxo [Pinus sylvestris]
Árbore, da familia das pináceas, que presenta acículas curtas e agrupadas en parellas.
-
s
-
s
m
[PROTISTA ]
Alga, da clase das feófitas, que presenta consistencia coriácea, vesículas aeríferas tabicadas, receptáculos dispostos nos extremos dos eixes e un disco basal para a fixación sobre as rochas.