piloto

piloto

ital piloto

Plural: pilotos
  1. adx

    Que presenta carácter experimental ou que serve de proba.

    1. s

      Persoa que pilota un avión ou vehículo carreiras.

    2. piloto de probas

      Especialista en verificar as características e a resistencia dun novo avión ou dos que sufriron algunha reparación importante e de efectuar probas de prototipos de automóbil ou de motocicleta.

  2. luz piloto
    1. Luz que se acende ou se apaga para sinalar o bo ou mal funcionamento dun dispositivo.

    2. Luz de pouca potencia que está permanentemente acesa nun lugar para evitar a escuridade absoluta.

  3. piloto automático [AERON/MAR ]

    Sistema de goberno automático de embarcacións e aeronaves capaz de efectuar as manobras de corrección necesarias e, no caso das aeronaves, de manter a altitude de voo.

Citas

  • Farán unha proba piloto para ver se funciona o sistema

Palabras veciñas

piloso -sa pilotar pilotaxe piloto pilro pilro pílula