píllara

píllara
Plural: píllaras
  1. s f [ANIMAL/ORNIT ]

    Ave limícola, dos xéneros Charadrius, Eudromias e Pluvialis, da familia dos carádridos, de cores pardas e co peito habitualmente branco, que se alimenta de pequenos invertebrados.

  2. píllara dourada grande [ANIMAL/ORNIT ]

    Ave que presenta o dorso dourado e pencado.

  3. píllara papuda [ANIMAL/ORNIT ]

    Ave que posúe o dorso pardo de cor crema e a punta da cola negra, o peito branco e as patas negras e o macho ten un anteface negro cunha mancha escura na fronte.

  4. píllara real [ANIMAL/ORNIT ]

    Ave cun colar negro con anteface que se une cunha mancha na fronte, dorso pardo e peito branco.