piano
piano
ital pianoforte
-
s
m
[MÚS ]
Instrumento de corda de tecla que consta dunha caixa onde están as cordas e que son percutidas mediante un mecanismo accionado por teclado.
-
piano de cola
Piano que ten as cordas e a caixa de resonancia en posición horizontal.
-
piano de manubrio
Piano que funciona accionando unha manivela.
-
piano electrónico
Instrumento electrófono provisto de osciladores e accionado mediante un teclado.
-
piano mecánico
Instrumento reprodutor de música adaptado a un piano ordinario.
-
piano vertical
Piano que ten as cordas e a caixa de resonancia en posición vertical.