peto

peto

petar

Plural: petos
  1. s m [ANIMAL/ORNIT ]

    Ave da familia dos pícidos, que ten plumas caudais co extremo aguzado e o raque ríxido e que se alimentan de insectos e larvas que extraen das fendas da cortiza das árbores.

  2. peto formigueiro [ANIMAL/ORNIT ]

    Peto de rabo longo e arredondado, bico curto, recto e puntiagudo, patas moi curtas con dous dedos diante e dous detrás e a plumaxe gris con raias negras, amarelas e terrosas.

  3. peto real [ANIMAL/ORNIT ]

    Peto de cor branca e negra con partes vermellas debaixo da cola, e no curuto da cabeza só os machos.

  4. peto verdeal [ANIMAL/ORNIT ]

    Peto de cor verde coa parte superior da cabeza vermella e cincenta a inferior.

Sinónimos