perturbación

perturbación

lat pertubatĭōne

Plural: perturbacións
  1. s f

    Acción e efecto de perturbar ou de perturbarse.

  2. s f [ASTRON ]

    Corrección que hai que aplicar á órbita dun planeta ou dun satélite debido a que esta órbita se calculou considerando só o efecto gravitatorio do Sol.

    1. s [PAT ]

      Alteración ou trastorno dunha función ou ben do curso dunha enfermidade.

    2. perturbación atmosférica [METEOR ]

      Alteración do estado da atmosfera co paso dunha depresión.

  3. perturbación mental [PSIC/DER ]

    Alienación mental permanente ou transitoria. Pode ser causa de exención de responsabilidade criminal.