pera

pera

lat pĭra, pl de pĭru

Plural: peras
  1. s f

    Froito da pereira, ancho na base e estreito na parte superior.

  2. s f

    Interruptor eléctrico con forma similar á do froito.

  3. s f

    Barba que se deixa crecer no queixo.

  4. s f

    Recipiente ou ampola que se emprega para botar líquido e que ten forma dese froito.

Frases feitas

  • Cada pera polo seu rabo. Tomar as cousas tal e como son.

  • Partir peras. Enfrontarse.

  • Dar para peras. Castigar.

Refráns

  • A pera e a muller, a que cala boa é.
  • A pera para camela non espera pero a mazá espera.
  • Ano de peras, non fai falla que veña.
  • Ano de peras, nunca acá veñas.
  • Ano de peras, nunca o vexas.
  • Coma as barburiñas non hai cousas tan sabrosiñas.
  • Deus me dea a pereira e a min á súa beira.
  • Non hai pera que non madureza.
  • Pera que ao comela canta, non vale nada.
  • Pera que se desfai ao comela sábelle ben a calquera.
  • Quen non dá das súas peras, non espere das alleas.
  • Tras das peras auga non bebas.