peón

peón

lat v *pedo -ōnis ‘que ten os pés longos’ lat pede

Plural: peóns
  1. s m

    Obreiro non especializado que traballa, xeralmente, como axudante dun oficial.

    1. s

      Persoa que circula a pé.

    2. paso de peóns

      Lugar adecuadamente indicado en que os viandantes teñen preferencia absoluta de paso.

  2. s m

    Persoa que ten que obedecer as ordes doutra.

  3. s m
    1. Cada unha das 16 pezas do xogo do xadrez, 8 brancas e 8 negras, que ao comezar a partida están situadas na segunda liña.

    2. Cada unha das 24 pezas, 12 brancas e 12 negras, do xogo das damas.

  4. s m [ANIMAL/ICT ]

    piarda.

Sinónimos

Formas incorrectas

peatón

Palabras veciñas

penuti penuxe penzo -za peón peón peonaxe peonia