penitencia

penitencia

lat paenitentĭa

Plural: penitencias
  1. s f
    1. Sacramento en que un sacerdote perdoa os pecados cometidos despois do bautismo á persoa que os confesa.

    2. Pena imposta ao penitente como satisfacción dos pecados cometidos.

    3. Mortificación que alguén se impón para pedir perdón polas súas culpas diante de Deus.

    4. Arrepentimento que sente o pecador e propósito de non volver pecar.

  2. s f

    Cousa desagradable e molesta que hai que aturar.

  3. s f

    Castigo que alguén debe cumprir por algún mal que fixo.

    1. s

      Castigo público que impuña o tribunal da Inquisición a algúns reos.

    2. hábito de penitencia

      estido distintivo dos reos da Inquisición, que adoptan os penitentes das procesións.

Citas

  • A súa penitencia será vivir exiliado durante o resto da súa vida
  • Ter que velo todos os días é unha penitencia para min