pelve

pelve

lat pelve ‘bacía, vasilla’

Plural: pelves
  1. s f [ANAT ]

    Cavidade ósea que se sitúa na parte inferior do tronco, e que está formada polos dous ósos coxais e as dúas últimas pezas da columna vertebral, sacro e cóccix. Contén algunhas vísceras do sistema xenitourinario e a porción terminal do tubo dixestivo.

  2. pelve renal [ANAT ]

    Cavidade do interior do ril que forma o principio do uréter, e constitúe o conduto de saída dos ouriños ao uréter.

Formas incorrectas

pelvis