pelo

pelo

lat pilu

Plural: pelos
  1. s m
    1. Apéndice filiforme de queratina, que cobre a pel dos mamíferos, protexéndoa e evitando a perda de calor, e que consta dunha raíz adherida ao folículo piloso, e de talo ou corpo de cor variable segundo a cantidade de pigmento que conteña.

    2. Conxunto destes apéndices.

    1. s [ZOOL/BOT ]

      Apéndice filiforme que presentan algúns animais á parte dos mamíferos e certas plantas e froitos.

    2. s [BOT ]

      Tricoma de forma fina e alongada, que ten como función a protección contra a transpiración excesiva ou a secretora contra a insolación.

    3. pelo glandular [BOT ]

      Glándula epidérmica piliforme, que pode ser sésil ou estar disposta sobre un pedúnculo.

    4. pelo radical/absorbente [BOT ]

      Prolongación filiforme do rizoderma que se atopa na zona pilífera da raíz.

    5. pelo urticante [BOT ]

      Pelo que produce unha acción irritante na pel dos animais, formado por unha célula globosa, cun longo colo que presenta silicificación que ao romperse expele un líquido, que contén histamina e acetilcolina.

  2. s m

    Cantidade moi pequena de algo.

  3. s m
    1. Fibra que se obtén do pelo de diversos animais, agás do da ovella e do carneiro, denominada la.

    2. Fío ou fibra que sobresae da superficie dun tecido.

  4. pelo de lobo [PLANTA ]

    Planta herbácea perenne, da familia das poáceas, que carece de estolóns, e que presenta os talos finos, as follas estreitas e as inflorescencias dispostas en panícula.

  5. pelo de rato [PROTISTA ]

    fiúncho mariño.

Sinónimos

Citas

  • Ao pincel caíanlle todos os pelos
  • Cortou o pelo
  • Ten o coche cheo de pelos de can

Frases feitas

  • 2 Sen axuda, protecci

  • A pelo 1 Montar algu

  • Botar bo pelo/pelo novo. Progresar en algo.

  • Non ter pelos na lingua. Dicir o que se pensa.

  • Non ter un pelo de parvo. Ser espelido.

  • Por un pelo. Por pouco.

  • Ser capaz de contarlle os pelos ao demo. Investigar algo con detalle.

  • Ser de catro pelos. Ser mala persoa.

  • Ser de pouco pelo. Ser pobre.

  • Ser pelo de ovo. Ofenderse por calquera cousa.

  • Suar a pelo. Suar moito.

  • Ter pelos un asunto. Ter dificultades.

  • Vir ao pelo. Vir a prop

Refráns

  • Botar pelos ao mar, para non voltar.
  • Crouco pelado faime un arado -Faino ti que eu non teño machado.
  • Crouco pelado ¿quen te pelou que nin pelo cbe deixou e a cacbola en queixo trocou?
  • Home de pelo no peito, borne de valor e feito.
  • Home peludo, borne valente e forzudo.
  • Non todo borne de pelo no peito ten que ser borne de feito e dereito.
  • Para apartar ben os pelos abondan dous dedos;.
  • Quen tiver remuíño na testa non irá comigo á festa.