pedir

pedir

lat petĕre

  1. v t

    Dicir a alguén o desexo ou necesidade de algo para que o cumpra. Tm abs.

  2. v t

    Precisar algunha cousa.

  3. v t

    Solicitar o noivo permiso aos pais da noiva para casar.

  4. v t

    Fixar un prezo.

  5. v t

    Desexar obter algo.

  6. v t

    Suplicar esmola. Tm abs.

Citas

  • Esta terra pide auga
  • Nas súas oracións pide por todos
  • Pediulle máis lambetadas, Pediume que lle lese a carta, OBS: Nalgunhas construcións omítese o complemento e adquire valor absoluto, Dixo que xa pedira para todos
  • Pide cartos á porta da igrexa, OBS: Nalgunhas construcións omítese o complemento e adquire valor absoluto, Esa muller só pide para comer
  • Pide moitos cartos polo coche
  • Pídelle moitos resultados antes de tempo
  • Só pido que teñamos boa viaxe, Unicamente pedía saúde

Refráns

  • A moito pedir, pouco ofrecer.
  • A ovella louzana pídelle la á cabra.
  • Antes quera mercar, que rogar.
  • Cada santeiro pide para o seu cargueiro / o seu santo.
  • Como aquí estamos os dous, nin ti mo pides nin eu cho dou e, se cho pido e ti non rno dás ¡en que vergonza me deixarás!
  • Contra o vicio de pedir hai a virtude de non dar.
  • Deus non oe a quen non pide.
  • Do que non pide ninguén se acorda.
  • Encargos sen diñeiro non pasan do recadeiro.
  • Hoxe é día de ¡Botade aqul, da!.
  • Máis vale pedir que furtar.
  • Máis vale salto de mata que rogo de hornes bos.
  • Mellor é que non pidas o que, se cho pedisen, negarías.
  • Mete o pidincheiro no teu palleiro e faráchese o teu herdeiro.
  • Non hai cousa tan cara coma a que con rogos se acada.
  • Non pidas á man allea, se a túa non vai chea.
  • Non pidas de man allea, se a túa non vai chea.
  • Non pidas o que negaches nin negues o que pediches.
  • Nunca pidas a quen ten, senón a quen sabes que te quer.
  • O mín, canto máis lle rogan, máis se enfoncha.
  • Ó pedichón non lle teñas moita compaixón.
  • Ó pedichón non se lle podre o pan no bulsón.
  • O que anda a pedir, non anda a fuxir.
  • Ó que che ha de axudar non lle vaias chorar.
  • O que non chora non mama.
  • O que pide non escolle.
  • O que vai para pedir non vai para fuxir.
  • O que vai pedindo, non vai correndo.
  • Pedir para comer e pagar para pedir.
  • Pedir sobrado para saír co mediado.
  • Pide o mellor e espera o peor.
  • Pide só o que has mester, se queres goberno ter.
  • Quen pide o que non ha rnester, terá o que non quer.
  • Quen vai pedir non vai a fuxir.
  • Se queres coñecer ao que te quere ben, pídelle algo do que non tes e el ten.
  • Se queres saber o que vale un ducado, pídeo emprestado.
Conxugar
VERBO pedir
Forma verbal: Infinitivo

Indicativo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
pido
pides
pide
pedimos
pedides
piden
Pretérito imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
pedía
pedías
pedía
pediamos
pediades
pedían
Pretérito perfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
pedín
pediches
pediu
pedimos
pedistes
pediron
Pretérito pluscuamperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
pedira
pediras
pedira
pediramos
pedirades
pediran
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
pedirei
pedirás
pedirá
pediremos
pediredes
pedirán
Condicional Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
pediría
pedirías
pediría
pediriamos
pediriades
pedirían

Subxuntivo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
pida
pidas
pida
pidamos
pidades
pidan
Imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
pedise
pedises
pedise
pedisemos
pedisedes
pedisen
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
pedir
pedires
pedir
pedirmos
pedirdes
pediren

Imperativo

Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
-
pide
-
-
pedide
-

Formas nominais

Infinitivo conxugado Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
pedir
pedires
pedir
pedirmos
pedirdes
pediren
Xerundio pedindo
Participio pedido
pedida
pedidos
pedidas