pectoral

pectoral
Plural: pectorais
    1. adx

      Relativo ou pertencente ao tórax, ao peito ou á cintura escapular.

    2. pectoral maior

      Músculo que se sitúa na parte anterosuperior do tórax, e que é adutor do brazo e inspiratorio.

    3. pectoral menor

      Músculo que se sitúa baixo o pectoral maior, que se insire entre as primeiras costelas e a apófise coracoide, e que é depresor e adutor do músculo.

  1. adx [MED ]

    Aplícase ás preparacións farmacéuticas que aumentan ou fluidifican a secreción bronquial e facilitan, polo tanto, a expulsión pola tose.

  2. s m
    1. [RELIX ]

      Cruz de ouro ou de prata que os bispos e outros prelados levan colgada sobre o peito.

    2. [ARTE ]

      Peza de ourivaría ou de tea bordada, a miúdo con pedraría, que empregaban na Antigüidade os faraóns, os grandes sacerdotes hebreos ou outras xerarquías relixiosas.

    3. [ARTE ]

      Xoia cuadrangular que se utilizaba antigamente para suxeitar a capa sobre o peito.