pechamento

pechamento
Plural: pechamentos
  1. s m

    Acción e efecto de pechar ou pecharse.

  2. s m

    Acción e efecto de facer cesar ou de ter fin algo.

  3. s m

    Acción e efecto de encerrarse voluntariamente nun recinto en sinal de reivindicación.

Sinónimos

Citas

  • O mago procedeu ao pechamento da caixa
  • O pechamento da fábrica provocou o despedimento de mil traballadores
  • O pechamento dos estudantes durou toda a noite

Palabras veciñas

pechado -da pechador -ra pechadura pechamento pechar pechblenda peche