patín
patín
fr patin
-
s
m
Aparato que se fixa á sola do calzado, provisto dunha folla metálica vertical ou de rodas, que se emprega para deslizarse sobre o xeo ou sobre unha superficie lisa.
-
s
m
[AERON ]
Peza, xeralmente metálica e especialmente resistente que, fixada na parte inferior da fuselaxe dalgúns avións permite aterrar en lugares accidentados.
-
-
s
Embarcación que está formada por dous flotadores paralelos, unidos por dous ou máis traveseiros e remos dobres para a propulsión.
-
patín de pedais
Embarcación semellante a un patín pero propulsada por unhas pequenas paletas accionadas por pedais.
-
patín de vela
Patín provisto dunha vela, que substitúe o remo dobre como sistema de propulsión, e desprovisto de temón, que está gobernado polo corpo do tripulante ao cambiar este de posición.
-
s