patear

patear

pata

  1. v i

    Bater os pés no chan con forza como mostra de enfado, desgusto ou desaprobación de algo.

  2. v i

    Camiñar durante moito tempo.

  3. v i

    Axitar as pernas dun xeito violento e sen control.

  4. v t

    Bater cos pés algo ou alguén ou dar couces un animal.

  5. v t

    Percorrer un ou varios lugares con algún fin, principalmente para realizar tarefas e dilixencias.

  6. v t

    Pisar repetidamente unha cousa.

Citas

  • Dóenme moito as pernas porque pateei toda a mañá
  • O público pateou porque a función non daba comezado
  • O rapaz choraba e pateaba enriba da cama
  • O teu neno pateou os outros compañeiros no colexio
  • Pateou toda a rúa para comprar un xersei
  • Teñen unha vaca que patea e non se deixa munguir

Palabras veciñas

paté pateado -da pateadura patear patefa pateira pateiro
Conxugar
VERBO patear
Forma verbal: Infinitivo

Indicativo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
pateo
pateas
patea
pateamos
pateades
patean
Pretérito imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
pateaba
pateabas
pateaba
pateabamos
pateabades
pateaban
Pretérito perfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
pateei
pateaches
pateou
pateamos
pateastes
patearon
Pretérito pluscuamperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
pateara
patearas
pateara
patearamos
patearades
patearan
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
patearei
patearás
pateará
patearemos
patearedes
patearán
Condicional Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
patearía
patearías
patearía
pateariamos
pateariades
patearían

Subxuntivo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
patee
patees
patee
pateemos
pateedes
pateen
Imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
patease
pateases
patease
pateasemos
pateasedes
pateasen
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
patear
pateares
patear
patearmos
pateardes
patearen

Imperativo

Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
-
patea
-
-
pateade
-

Formas nominais

Infinitivo conxugado Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
patear
pateares
patear
patearmos
pateardes
patearen
Xerundio pateando
Participio pateado
pateada
pateados
pateadas