pasta

pasta

lat pasta

Plural: pastas
  1. s f

    Masa branda que está formada por unha substancia sólida, moída ou pulverizada, que se mestura con auga ou outro líquido.

    1. s

      Masa feita con fariña, auga e outros ingredientes, coa que se fai pan, galletas ou pastas alimenticias.

    2. Alimento que se obtén por desecación dunha masa non fermentada feita con fariña, sémola de trigo e auga, e cortada en formas moi diversas.

  2. s f
    1. Encadernación feita con cartón recuberto de pel.

    2. Tapa dun libro, xeralmente de material duro.

  3. s f [MED ]

    Preparación semisólida que presenta unha base graxa e que se emprega como pomada.

  4. s f col

    Diñeiro que se utiliza para mercar cousas.

Citas

  • Fixo unha pasta con galletas e manteiga, Fabrican pasta de papel
  • Tomaron té con pastas