pasaxe

pasaxe

fr passage

Plural: pasaxes
  1. s f

    Acción de pasar dun sitio a outro.

  2. s f
    1. Lugar por onde se pasa.

    2. Dereito a pasar por un lugar alleo.

  3. s f

    Prezo que se paga polo transporte nun vehículo ou embarcación.

  4. s f

    Conxunto dos pasaxeiros que viaxan nun medio de transporte colectivo.

  5. s f

    Acontecemento ocasional ou situación.

  6. s f

    Fragmento dun texto ou dunha obra musical.

Sinónimos

Refráns

  • Pasa ti, que non pasaches ¡vállante os diaños, que aínda tardaches!