pasado -da

pasado -da

1 pasar

Plural: pasados Masculino: pasado Masculino plural: pasados Feminino: pasada Feminino plural: pasadas
  1. p reg

    pasar.

  2. adx
    1. Que xa pasou no tempo.

    2. Que non está en bo estado para consumir.

  3. s, adx

    Que está ben asado ou fritido.

  4. s m
    1. Tempo que transcorreu.

    2. Aquilo que tivo lugar nun tempo anterior.

  5. s m
    1. Tempo que transcorreu.

    2. Aquilo que tivo lugar nun tempo anterior.

Citas

  • Estas noticias xa están pasadas
  • Fun ao cine a semana pasada
  • Leva unha camisa moi ben pasada
  • No pasado non había tantas comodidades como agora
  • O pasado dun pobo é a súa historia
  • O polo de hoxe está ben pasado
  • O repolo está pasado e xa non vale para comer

Refráns

  • Auga que pasou non move rodicio.
  • Bocado comido non fai amigo.
  • Coas augas pasadas non anda o rodicio.
  • Con auga pasada non anda a moa.
  • Con auga pasada non moe o muíño.
  • Dime que fuches e direiche quen es.
  • O ano pasado sempre foi mellor.
  • O bebido é o seguro, que o que no xerro está quizais non se beberá / quizais se derramará.
  • O pasado sexa pasado, xa que non volve pasar.
  • O que vive de recordos vive entre mortos.