partilla

partilla

lat particŭla

Plural: partillas
  1. s f

    Acción de partillar.

  2. s f

    División da herdanza entre os herdeiros.

Sinónimos

Citas

  • Meus avós aínda non fixeron a partilla dos bens
  • O fillo máis vello non aceptou a partilla
  • Os mariñeiros colleron cadansúa partilla
  • Partillaron os bens entre os fillos.

Frases feitas

  • Facer as partillas. Repartir unha herdanza. Ex: Fixeron as partillas antes de que morresen seus pais.