partida

partida

partir

Plural: partidas
  1. s f

    Acción de partir, saír ou marchar dun lugar.

  2. s f
    1. Rexistro ou asentamento do bautizo, matrimonio ou enterro que se fai nos libros da parroquia ou no rexistro civil.

    2. Copia auténtica do asentamento dun feito que figura nun rexistro público.

  3. s f
    1. Conxunto de persoas, sobre todo cando forman parte dalgún traballo ou oficio.

    2. Grupo de persoas que se reúnen para a caza.

    3. [BÉL ]

      Conxunto pouco numeroso de xente armada, organizada militarmente, que non se considera parte integrante da tropa regular.

    4. [BÉL ]

      Grupo táctico que actúa de forma independente para cumprir unha misión determinada na cabalaría.

    1. partida dobre

      Sistema de contabilidade en que o rexistro dunha operación esixe a duplicidade do seu importe na anotación nos libros principais, con cargo á persoa que recibe e con abonamento ao acredor.

    2. partida simple

      Sistema de contabilidade que rexistra unicamente as operacións a termo, polas que o comerciante resulta debedor e acredor.

    3. s

      Elemento simple enumerativo dun estado contable.

  4. s f [XOGO ]

    Serie de actuacións necesarias que forman un xogo para que alguén gañe ou perda.

Sinónimos

Antónimos

Citas

  • A semana próxima chegará outra partida de café
  • Enviaron unha partida de xornaleiros para segar o trigo
  • No momento da súa partida botouse a chorar
  • Saíron varias partidas de caza para ir ao xabaril
  • Xogamos unha partida de xadrez?

Frases feitas

  • Comerlle a partida. Enganar e burlarse de algu

  • Seica me queres comer a partida? Expresi