parrulo

parrulo
Plural: parrulos
  1. s m [ANIMAL/ORNIT ]

    Ave da familia dos anátidos, de tamaño medio e voo rápido, cuxas femias, a diferenza dos machos, presentan cores pardas.

    1. s

      Ave da familia dos anátidos que se mergullan totalmente á hora de alimentarse.

    2. parrulo caribranco [Aythya marila]

      Parrulo que se caracteriza porque o macho presenta a cabeza, o pescozo e o rabo negros, o peteiro azulado e as costas e o dorso escuros, e a femia unha mancha arredor do peteiro parda e o ventre claro.

    3. parrulo chupón [Aythya ferina]

      Parrulo que se caracteriza por ser o macho de cor gris clara, coa cabeza vermella e o pescozo e a cola negros, e a femia ter unha mancha branca arredor do peteiro e outra que rodea os ollos.

    4. parrulo cristado común [Aythya fuligula]

      Parrulo que se caracteriza por presentar o macho a parte ventral e os lados brancos e o resto negro, e na cabeza unha crista cara a atrás, e a femia unha crista máis curta.