paro

paro

2 parar

Plural: paros
  1. s m

    Acción de deter ou deterse.

    1. s

      Inactividade forzosa debida á falta de traballo.

    2. paro cíclico

      Paro crónico que está ligado a un período cíclico.

    3. paro crónico

      Paro que se produce por unha depresión económica.

    4. paro encuberto

      Forma de paro que se caracteriza pola existencia de ocupacións aparentes, como as ocupacións domésticas.

    5. paro estacional

      Paro que se produce en épocas determinadas, nun mesmo sector, e ao que se chegou por motivos climatolóxicos e xeográficos.

    6. paro estrutural

      Paro que está motivado por unha escaseza de capital en comparación a unhas grandes dispoñibilidades de traballo.

    7. paro friccional

      Paro que afecta aos que non traballan por causa dun cambio de empresa, de domicilio ou de oficio.

    8. paro tecnolóxico

      Paro que se produce pola introdución de novas técnicas na produción.

  2. paro cardíaco [PAT ]

    Interrupción dos latexos do corazón por falta de actividade eléctrica efectiva para a contracción do músculo cardíaco.

Citas

  • O paro aumentou este ano
  • O paro que lle dan só lle dá para o aluguer
  • Traballou tres meses e agora está no paro