paridade

paridade

lat paritāte

Plural: paridades
  1. s f

    Igualdade entre dous termos ou dous graos.

  2. s f

    Comparación dunha cousa con outra mediante un exemplo ou un símil.

  3. s f [ECON ]

    Cantidade de ouro fino que é equivalente a unha unidade monetaria.

  4. s f [MAT ]

    Transformación lineal que se define nun espazo calquera tal que a cada punto x do espazo se lle asigna o punto -x.

  5. s f [MAT ]

    Calidade dunha función par ou impar.

  6. s f [FÍS ]

    Propiedade ligada á descrición cuántica ou función de onda dunha partícula ou dun sistema de partículas.