parentesco

parentesco

parente

Plural: parentescos
    1. s

      Relación que existe entre parentes, por consanguinidade, afinidade ou adopción.

    2. parentesco espiritual / [DER/RELIX ]

      Ligazón que contrae cos sacramentos do bautismo e confirmación o afillado, ademais de co ministro oficiante e cos padriños.

    3. parentesco político/por afinidade [DER ]

      Parentesco que hai entre cada esposo e os consanguíneos do outro.

    4. parentesco uterino [DER ]

      Parentesco que liga os fillos dunha mesma muller, aínda que sexan de pais diferentes.

  1. s m [LING ]

    Relación que existe entre dúas ou máis linguas que proceden dunha mesma protolingua.

  2. sistema de parentesco [SOCIOL ]

    Conxunto de relacións humanas que se define pola posición relativa que ocupa un individuo nun grupo, segundo o matrimonio, a descendencia ou calquera das ligazóns derivadas destes vínculos.