pardela

pardela

pardo

Plural: pardelas
  1. s f [ANIMAL/ORNIT ]

    Ave mariña peláxica e con ventas, da familia dos proceláridos, ao que pertencen os xéneros Bulweria, Calonectris, Fulmarus e Puffinus.

  2. pardela cinsenta [ANIMAL/ORNIT ]

    Ave mariña, da familia dos proceláridos, que presenta a plumaxe cinsenta no dorso e na cola dos machos e o peteiro amarelo e ganchudo no extremo.

  3. pardela glacial [ANIMAL/ORNIT ]

    Ave mariña, da familia dos proceláridos, que presenta a plumaxe de cor branca ou escura e peteiro ganchudo de cor amarela.

  4. pardela xoubeira [ANIMAL/ORNIT ]

    Ave mariña, da familia dos proceláridos, que presenta a cabeza de cor malva, as ás e a cola de cor parda e o peteiro estreito e negro.