parar

parar

lat parāre

  1. v t

    Impedir que continúe un movemento ou unha acción determinados.

  2. v i

    Deixar de producirse algo.

  3. v i

    Quedar, durante a permanencia, nunha poboación, nun lugar determinado.

  4. v i

    Chegar unha cousa ao seu término.

  5. v i

    Permanecer inmóbil nun lugar determinado.

  6. v i

    Suspender de forma voluntaria unha determinada actividade para protestar contra algo ou alguén.

  7. v i

    Deixar de funcionar unha cousa. Tm v pron.

  8. v pron

    Reparar en algo ao facelo.

Sinónimos

Citas

  • A lavadora parou de repente, O motor do coche parouse
  • As vacas páranlle soas no prado da horta, O meu fillo non para na casa, Non para quieto nin un minuto
  • Cando estudante paraba nesa pensión
  • Co aire que fixo o caldeiro parou na porta da miña veciña, Ese camiño vai parar ao río
  • En que parou aquel conflito? Despois de tantas idas e voltas parou no cárcere
  • Habitualmente paraba no bar do Elixio
  • Non parou de chover en todo o día, De súpeto, os berros pararon
  • O autobús para sempre no mesmo sitio, Paramos naquel albergue para coller forzas, Parou para xantar
  • O can de meu pai para moi ben as perdices
  • O dentista párase moito comigo, Se se parase non cometería tantos erros
  • O porteiro parou tres penaltis
  • Os bombeiros paran dez minutos todos os días porque reclaman unha subida de soldo
  • Os médicos conseguiron pararlle a hemorraxia, Parou a aspiradora para falar comigo, Paroulle a patada coa cadeira

Frases feitas

  • Ir parar. Ir dar a. Ex: Onde foi parar o caderno de notas?

  • Para o carro! Escoitar o que se di antes de falar.

  • Non parar. Non soportar unha cousa ou unha determinada sensaci

  • Onde vai parar! Expresa que algu

Conxugar
VERBO parar
Forma verbal: Infinitivo

Indicativo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
paro
paras
para
paramos
parades
paran
Pretérito imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
paraba
parabas
paraba
parabamos
parabades
paraban
Pretérito perfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
parei
paraches
parou
paramos
parastes
pararon
Pretérito pluscuamperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
parara
pararas
parara
pararamos
pararades
pararan
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
pararei
pararás
parará
pararemos
pararedes
pararán
Condicional Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
pararía
pararías
pararía
parariamos
parariades
pararían

Subxuntivo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
pare
pares
pare
paremos
paredes
paren
Imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
parase
parases
parase
parasemos
parasedes
parasen
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
parar
parares
parar
pararmos
parardes
pararen

Imperativo

Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
-
para
-
-
parade
-

Formas nominais

Infinitivo conxugado Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
parar
parares
parar
pararmos
parardes
pararen
Xerundio parando
Participio parado
parada
parados
paradas