parámetro

parámetro

para- + - 1 metro

Plural: parámetros
  1. s m

    Elemento variable en función do que son determinadas as características de calquera fenómeno.

  2. s m
    1. Constante arbitraria que caracteriza un membro particular dun sistema de expresións.

    2. ariable tal que outras variables poden ser expresadas por funcións dela.

  3. s m [XEOL ]

    Cada unha das lonxitudes dos segmentos que unha cara xeral calquera dun cristal determina sobre os tres eixes cristalográficos.

  4. s m [FÍS ]

    Coeficiente, aproximadamente constante, que caracteriza o funcionamento dun elemento ou dun dispositivo determinados e que intervén nas súas ecuacións características.

Citas

  • Os parámetros sociais e económicos son os parámetros fundamentais de toda política, O seu xuízo baséase en parámetros errados