paralaxe
paralaxe
gr παράλλαζις ‘cambio’
-
s
f
[ASTRON ]
Ángulo formado polas dúas rectas que unen o centro dun astro e os dous extremos dun segmento denominado liña ou lonxitude de base que, no caso dos astros que pertencen ao sistema solar, é o raio ecuatorial da Terra.
-
s
f
[IMAX ]
Diferenza que existe entre a imaxe observada no visor e a rexistrada no obxectivo.
-
s
f
[FÍS ]
Ángulo formado polas dúas visuais que, desde dous puntos de vista diferentes, van dirixidas sobre un mesmo obxecto.
-
erro de paralaxe
[METROL ]
Erro de lectura que se comete ao ler a posición dun índice sobre unha escala graduada se a visual que se dirixe sobre o índice non é perpendicular ao plano da escala. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].