para-

para-
  1. pref

    Forma prefixada de orixe grega que se emprega na formación de palabras co significado de ‘ao lado de’. OBS: Cando a palabra á que se une empeza por vogal, adopta a forma par-.

  2. pref [XEOL ]

    Forma prefixada de orixe grega que se emprega para indicar que unha rocha é producida por metamorfismo dunha rocha sedimentaria.

  3. pref [QUÍM/FÍS ]

    Forma prefixada de orixe grega que se emprega para indicar que, nun sistema de dous electróns, estes teñen spins de signo oposto.

  4. pref [QUÍM ]

    Forma prefixada de orixe grega que, anteposta ao nome dun derivado bencénico disubstituído, indica que os dous substituíntes están unidos a átomos de carbono en posicións relativas 1,4.

Palabras veciñas

par para para para- parábase parábel parabéllum