papamerda

papamerda

papar + merda

Plural: papamerdas
  1. s m [ANIMAL/ORNIT ]

    Ave, do xénero Stercorarius, da familia dos estercoráridos, que se alimenta roubando a outras aves.

  2. papamerda palanquín [ANIMAL/ORNIT ]

    Papamerda que presenta dúas formas de plumaxe, unha escura e outra clara, e o peteiro negro.

  3. papamerda palleiro [ANIMAL/ORNIT ]

    Papamerda que posúe as plumas sobresaíntes da cola de forma redondeada.

  4. papamerda real [ANIMAL/ORNIT ]

    Papamerda de cor escura, manchas brancas nas ás e cola en forma de cuña.