pantocrátor

pantocrátor

gr Παντοχράτωρ ‘todopoderoso’

Plural: pantocrátores
  1. s m [ARTE/RELIX ]

    Epíteto aplicado a Deus Pai no símbolo da fe, e ás representacións de Xesús Cristo como señor do universo, típicas da arte bizantina, coa figura de Xesús Cristo só en busto e en actitude de bendicir, que aparecen nas ábsidas e nas cúpulas das igrexas.

  2. s m [MIT ]

    Sobrenome dado a Zeus e a outras divindades gregas da época helenística.