pantalla

pantalla
Plural: pantallas
  1. s f [TECNOL ]

    Lámina cobertora de forma acampanada, xeralmente de vidro opaco ou translúcido, que se pon arredor ou ao lado dun foco de luz para dirixir a súa claridade cara a unha zona determinada.

  2. s f [TECNOL ]

    Superficie branca, de material téxtil ou plástico, sobre a que son proxectadas imaxes cinematográficas ou fotográficas.

  3. s f [TECNOL ]

    Superficie plana do televisor ou do ordenador que permite visualizar os datos que estes subministran.

  4. s f
    1. Máscara artesanal propia do entroido de Xinzo de Limia que está decorada con figuras astrais ou animais e cobre toda a cabeza.

    2. Disfrace completo do entroido de Xinzo de Limia.

    3. Persoa que leva ese disfrace.

  5. s f [FÍS ]

    Superficie fluorescente dun tubo de raios catódicos sobre a que se produce a imaxe visible.

    1. s

      Elemento resistente vertical de gran superficie.

    2. s

      Muro de formigón armado, soterrado e construído cunha escavación lineal.

    3. pantalla anticegamento

      Paramento vertical ou elementos opacos situados na separación de dúas calzadas de sentido oposto para evitar o cegamento entre os vehículos que circulan por elas.

    4. pantalla drenante

      Gabia profunda e estreita, rechea de grava, que presenta unha gradación de tamaños estudada para actuar como filtro e rebaixar o nivel freático do terreo, polo que aumenta a velocidade de circulación da auga.

  6. efecto pantalla/efecto de pantalla [FÍS ]

    Diminución aparente, nun núcleo de número atómico Z, da carga nuclear efectiva Ze (onde e é a carga do electrón) a causa do potencial de signo contrario causado polos electróns próximos ao núcleo.

  7. pantalla acústica [FÍS/TECNOL ]

    Dispositivo ríxido sobre o que se fixa elasticamente un altofalante, que permite aumentar o traxecto acústico efectivo entre a cara anterior e a posterior do altofalante.