pan

pan

lat pane

Plural: pans
    1. s

      Alimento que resulta da cocción dunha masa constituída por unha mestura de fariña, auga, sal e fermento, despois de sometela a un proceso de fermentación.

    2. s

      Peza grande e redonda en que se divide esa masa cocida.

    3. pan de barra

      Peza de pan de forma alongada máis ancha no medio ca a nos extremos.

    4. pan de millo

      Pan que se elabora con fariña milla.

    5. pan de molde

      Pan que se obtén cando a masa se pon a cocer nun molde metálico, previamente engraxado.

    6. pan de réxime

      Pan que se fai con fins terapéuticos.

    7. pan integral

      Pan que se elabora con fariña integral.

    8. pan relado

      Pan esmiuzado que se emprega para cociñar.

  1. s m

    Cereal que se emprega para facer a fariña do pan.

  2. s m

    Comida ou conxunto de alimentos necesarios para vivir.

    1. pan abenzoado

      Cada un dos anacos de pan que son abenzoados durante a misa nas festas dalgúns santos e repartidos despois entre os fieis.

    2. pan de ánimas

      Pan que se ofrece aos defuntos o día do enterro e no ofertorio da misa matinal.

    3. pan de anxo

      Pan, aínda sen consagrar, co que se elabora a hostia.

    4. pan eucarístico

      Pan consagrado.

    1. pan de lagartos

      herba do lagarto.

    2. pan de paxaro [Sedum acre]

      Planta herbácea, da familia das crasuláceas, perenne e glabra, que ten talos rastreiros, follas verdeamarelentas, sésiles, alternas, carnosas cun esporón curto, flores con sépalos libres, de cor amarela brillante e o froito nun folículo.

    3. pan do cuco [Oxalis pes-capreae]

      Planta herbácea, da familia das oxalidáceas, que produce moitos bulbiños e presenta as follas trifoliadas, pecioladas, cos foliolos carnosos, as flores de cor amarela dispostas en umbelas e o froito en cápsula.

  3. pan de ouro/prata [ARTE ]

    Folla moi fina de ouro ou de prata batida, que serve para dourar ou pratear obxectos.

Sinónimos

Citas

  • Á empanada quedoulle o pan algo torrado
  • Comeron pan de figos
  • Traballa moito para gañar o pan

Frases feitas

  • A pan e auga. Tomar s

  • Custarlle a bola un pan. Custar algo m

  • Levarse coma o pan e o leite. Levarse ben.

  • Pan por pan. De forma clara e sen rodeos.

  • Ser pan e mel. Ser unha cousa moi boa.

  • Ser un anaco/cacho de pan. Ser moi boa persoa.

  • Coller pan para o ano. Ter unha boa colleita.

  • Coma o pan da boca. Expresi

  • Coma pan bendito. Expresi

  • Comer o pan coa codia. Estar mellor un enfermo.

  • Non cocer o pan no corpo. Non estar tranquilo.

Refráns

  • A codia aguza os dentes, o miolo empapiza.
  • A fogaza non estorba nin embaraza.
  • Bo é pan con algo máis I algo de compango máis.
  • Bola do lar, comer e soprar.
  • Bola mol, moita na man e pouca no fol.
  • Cando comas pan quente, non bebas auga fría.
  • Casa de pan tenro, casa de mal goberno.
  • Coas bolas duran máis os pans.
  • Comer sempre con pan chega a cansar, se non hai algo para compangar.
  • Con pan caseiro non vende o panadeiro.
  • Con pan e viño ándase o camiño / ben se pasa o camiño. •
  • É mellar pan duro que figo maduro.
  • e viño, un ano teu e outro do teu veciño.
  • Máis que ningún bolo, quero o que se fai no forno.
  • Mellar é un pouco pan duro que un figo enteiro maduro.
  • Nin mesa sen pan nin soldados sen capitán.
  • No Carballiño: boa carne, bo pan e bo viña.
  • Non bai tal viña coma o pan trigo e o leite macizo.
  • O día que a miña muller amasa, hai alegóa na casa.
  • O día que amaso, mal día paso pero é peor non ter que amasar Din que peneirar.
  • O día que cozo é día de alborozo.
  • O día que se amasa, mal se pasa.
  • O pan aIleo sempre é malo.
  • O pan da casa farta.
  • O pan de millo mantén a fame na casa.
  • O pan que non se vende despois de ir á feira é coma a fariña que non se peneira.
  • Ó pan quente ábrelle a gorxa.
  • O pan, con ollos; o queixo, cego; e o viño, anello.
  • O pan, con ollos; o queixo, sen ollos; e o viño, que salte ÓS ollos.
  • O pan, pola cor; e o viño, polo sabor.
  • O viño cría sangue e o pan, panza; todo o demais é chanza.
  • Onde hai pan sempre hai fartura.
  • Onde hai pan, non hai fame.
  • Onde non hai pan, non o comen os ratos.
  • Onde pan se come, migallas quedan.
  • Pan albeiro máis vale na barriga que no seo.
  • Pan albeiro ou pan centeo, mellor quero do meu que do alleo.
  • Pan centeo, antes comido que no seo.
  • Pan con pan comida de parvos.
  • Pan de ante, carne de boxe e viña de antano: saúde para todo o ano.
  • Pan de ante, carne de boxe, e viña de antano, manteñen ao borne sano.
  • Pan de boxe, carne de ante e viña de antano manteñen o borne sano.
  • Pan de millo non o deas ao teu fillo.
  • Pan de voda é carne que consola, a quen a coma.
  • Pan de voda, quen o queira comer que o coma.
  • Pan e auga: sopas.
  • Pan e noces saben a amores.
  • Pan encetado non te toma.
  • Pan mal amasado non pide bocado.
  • Pan mol vaise ao fol.
  • Quen di pan, di fartura.
  • Quen dixo pan, dixo trigo.
  • Se pan quente comes, non bebas auga da fonte.
  • Vale máis codia dura que pedra mol.
  • Vale máis pan duro que pedras moles.
  • Vale máis que sobre pan, que non que falte viño.
  • Xa sei o pan que para sempre me ha fartar.
  • Xente rica non é panceira.
  • ¡Deus nos dea moito pan e mala colleita!
  • ¡Deus nos dea moito pan na mala anada!
  • ¿Para que queres mellar pan có pan trigo?