paíño

paíño

pau

Plural: paíños
  1. s m [ANIMAL/ORNIT ]

    Ave peláxica ciconiforme, da familia das hidrobátidas, que presenta pequeno tamaño, cor negra e tubos nasais no peteiro.

  2. paíño chuchagraxas [ANIMAL/ORNIT ]

    Ave ciconiforme, da familia dos hidrobátidos, que presenta o corpo de cor castaña escura, a plumaxe dorsal branca, a cola lixeiramente gallada e o peteiro e as patas de cor negra.

  3. paíño do mal tempo/común [ANIMAL/ORNIT ]

    Ave ciconiforme, da familia dos hidrobátidos, que presenta o corpo, as patas e o peteiro de cor negra e a cola cadrada.

  4. paíño gallado [ANIMAL/ORNIT ]

    Ave ciconiforme, da familia dos hidrobátidos, que presenta o corpo de cor castaña escura, a mitra branca, as ás cunha franxa gris na parte superior, a cola gallada e o peteiro e as patas de cor negra.

  5. paíño patiamarelo [ANIMAL/ORNIT ]

    Ave ciconiforme, da familia dos hidrobátidos, que presenta o corpo negro, a mitra branca, as membranas interdixitais amarelas e a cola cadrada.

Sinónimos