pacto

pacto

lat pactu

Plural: pactos
  1. s m

    Convención formal entre dúas persoas ou máis.

    1. s

      Acto xurídico polo que dúas persoas ou máis asumen determinadas obrigas e dereitos e se comprometen ao seu cumprimento.

    2. pacto accesorio

      Pacto que forma parte das convencións ou as complementa.

    3. pacto anticrético

      Pacto polo que se establece o dereito real de anticrese a favor dun acredor.

    4. pacto de non-agresión

      Acordo entre dous estados de non empregar a forza un contra o outro e de resolver os seus conflitos mediante unha negociación ou someténdoos a arbitraxe.

    5. pacto de reciprocidade

      Pacto creado entre dous estados, polo que os súbditos dun reciben do outro, nunha materia concreta, o mesmo trato legal ca os súbditos propios.

    6. pacto de retrovenda

      Pacto polo que o vendedor se reserva o dereito de recuperar a cousa vendida devolvéndolle ao comprador o prezo da venda e aboándolle todos os gastos.

    7. pacto leonino

      Pacto en que unha das partes se adxudica vantaxes exorbitantes en detrimento das outras.

    8. pacto nulo

      Pacto adoptado, en infracción dunha lei prohibitiva, contra a moral ou os bos costumes con engano ou dolo.

Sinónimos

Confrontacións

avinza, convenio

Palabras veciñas

pactar pactismo pactista pacto pada padal padeadora