pa

pa

lat pala

Plural: pas
    1. s

      Utensilio formado por unha lámina de madeira ou prancha de ferro, de forma rectangular, trapezoidal ou curva, cunha certa concavidade e co mango cilíndrico, destinada a recoller, trasladar ou remover algunha materia sólida, pastosa ou poeirenta.

    2. pa de canteiro

      Paleta longa e estreita que empregan os albaneis para introducir o morteiro entre as pedras unha vez calzadas e dispostas no paramento.

    3. pa mecánica [TECNOL ]

      Máquina destinada a mover materiais soltos, que consiste basicamente nun chasis automotor montado sobre pneumáticos e provista, na parte frontal, dunha culler, montada sobre uns brazos articulados, movidos mediante cilindros hidráulicos.

  1. s f

    Cantidade de calquera cousa que cabe nunha pa.

  2. s f

    Utensilio máis pequeno de forma semellante a unha pa.

  3. s f
    1. Parte máis ampla e xeralmente de menos grosor dalgunhas cousas.

    2. [DEP ]

      Parte máis ampla e fina do remo.

    3. [DEP ]

      Parte dianteira do esquí, que forma unha curva e ten menos grosor.

  4. s f [DEP ]

    Anaco de madeira de forma case redonda e con mango que se utiliza para impulsar a bóla en certos xogos.

    1. s

      Conxunto dos primeiros dentes que lles saen aos animais.

    2. pa dun dente

      Porción ampla e plana dos dentes incisivos.

  5. s f [ZOOL ]

    Parte superior das patas dianteiras dalgúns animais.

  6. s f [ANAT ]

    omoplata.

Sinónimos

Citas

  • Colle a pa para partir a torta
  • Tráeme unha pa de area para botarlle a esta masa

Palabras veciñas

p m p- p-toluensulfónico pa Pa pabea pabenla