oxiúro
oxiúro
lat científico Oxyuris, xénero de nematodos
s
m
[ANIMAL ]
erme, da clase dos nematodos, que parasita os tractos finais do tubo dixestivo do ser humano, sobre todo dos nenos. Cando as femias están preñadas baixan ata o recto e crávanse no esfínter anal, o que facilita unha autoinfección debido a que os ovos se pegan ás uñas ao rascarse polo proído. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].